![]()
A feira matemática está pensada para a divulgación e achegamento das matemáticas ao alumnado de todas as etapas educativas asi como ao profesorado en xeral e celébrase co motivo do Día Escolar das Matemáticas
Terá lugar no PALEXCO o vindeiro sábado 12 de maio de 11:00 a 19:00h.
NOVOS PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS
A Concellaría de Educación pon en marcha a partires do 13 de febreiro de 2012 catro novos programas educativos para os centros de educación infantil e primaria da cidade:
Programa de ocio educativo integrado por:
- Matemáticas recreativas
- Obradoiros de lectura en lingua galega e castelán
- Aprendo a aprender
Este programa é de balde e vai dirixido aos escolares das etapas de Infantil e Primaria. Levarase a cabo en 21 centros.
Listen and Speak, programa de comprensión auditiva e interacción oral en lingua inglesa, orientado a unha certificación de validez internacional
Clic English, programa de tratamento da información e da competencia dixital impartido en Lingua Inglesa
Palabras contadas, programa de expresión oral e escritura creativa en Lingua Galega e Castelán
Estes tres últimos programas están dirixidos aos escolares de 2º e 3er ciclo de educación primaria e e terán un custo de entre 10 e 12 euros ao mes, por 2 horas semanais de clase en días alternos.
Por outra banda, cabe destacar que a Concellaría prepara outros dous novos programas para poñer en marcha no presente curso escolar. Un deles estará orientado a educación para a saúde, dirixido aos escolares das Escolas Infantís Municipais e dos Ceips, e o outro sería un obradoiro multimedia (prensa, blogs, radio) en colaboración con Radio Voz.
Para a distribución dos programas dividiuse a cidade en 5 zonas educativas co fin de ofertar por igual a todos os escolares os mesmos programas sexa cal for o seu centro docente.
O modelo de inscrición é en liña, a través da web de educación, www.edu.coruna.es para os programas Listen and Speak //Clic English e //Palabras contadas, e a través das AMPAS de cada centro docente no caso do Programa de ocio educativo.
A continuación detállanse os prazos de preinscrición e inscrició en función do programa de que se trate.
Procedemento de preinscrición e inscrición Listen and Speak // Clic English // Palabras Contadas:
1 - 6 feb. Preinscrición en liña // elaboración das listaxes provisionais.
7 - 8 feb. Elaboración de listaxes definitivas da preinscrición // confirmación da admisión ás familas por teléfono e informació para o abono
9 - 10 feb. Listaxes definitivas de participantes para o inicio do programa
13 feb. Inicio do programa. Reunión informativa para as familias
Cada grupo recibirá 2 horas semanais distribuídas en días alternos.
Luns e mércores Martes e xoves
3º - 4º EP, 16.00 a 17.00h
5º - 6º EP, 17.00 a 18.00h
Procedemento de inscrición Programa de lecer educativo:
1 - 7 feb. Inscrición nas ANPAS dos centros educativos que realizan o programa.
8 - 9 feb. Elaboración de listaxes provisionais.
10 feb. Listaxes definitivas.
1 feb. Inicio do programa.
Cada grupo recibirá 3 horas semanais en horario de 16:00 a 18:00 h., de luns a venres.
Actividades por centros:
PROGRAMA DE OCIO EDUCATIVO
CEIP Alborada
CEIP Anxo da Garda
CEIP Curros Enríquez
CEIP Eusebio da Guarda
CEIP Fernández Latorre
CEIP José Cornide
CEIP Manuel Murguía
CEIP María Barbeito
CEIP María Pita
CEIP Prácticas
CEIP Raquel Camacho
CEIP Rosalía de Castro
CEIP S. Francisco Xabier
CEIP Sagrada Familia
CEIP Sal Lence (O horario do programa de ocio educativo é de 18:00 a 19:00h)
CEIP Salgado Torres
CEIP Sanjurjo de Carricarte
CEIP Victor L. Seoane
CEIP Wenceslao Fernández Flórez
LISTEN AND SPEAK
CEIP Alborada
CEIP Concepción Arenal
CEIP Emilia Pardo Bazán
CEIP Juan Fernández Latorre
CEIP María Pita
CEIP Prácticas
CEIP Sagrada Familia
CEIP Sanjurjo de Carricarte
CEIP Zalaeta (Os días nos que se imparte o programa son os mércores e venres e os martes e xoves).
CLIC ENGLISH
CEIP Eusebio da Guarda
CEIP Raquel Camacho
CEIP Sal Lence
CEIP Victor López Seoane
PALABRAS CONTADAS
CEIP Alborada
CEIP Rosalía de Castro
CEIP S. Francisco Xabier
CEIP Sanjurjo de Carricarte
CEIP San Pedro de Visma
Nota: Existen CEIPS pendentes de la resolución do seu Consello Escolar. En consecuencia, esta lista pode ser ampliada nos próximos días.