Actividade orientada ó alumnado do 2º ciclo de Educación Primaria (3º e 4º).
Desenvólvese de outubro a maio, un día á semana en clases de 45 minutos de duración.
É imprescindible formar un grupo mínimo de 12 participantes.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
A inscrición faise na APA en datas anunciadas con antelación mediante circulares, na páxina web, nos taboleiros de anuncios ...etc.
prezos
O cota da actividade é de 53,47€ por curso.
horario
A actividade desenvólvese os martes. Un autobús escolar recolle ós nenos do primeiro grupo ás 15:25h e ós do segundo grupo ás16:35h na entrada principal e, acompañados por un monitor, desprázanse á Piscina Municipal de San Diego. Unha vez rematado a clase regresan á entrada principal do colexio ás 17:10h o primeiro grupo e ás 18:10h o segundo
Os participantes teñen que levar : bañador, chanclas, toalla e gorro (gafas non se precisan).
Se as propias familias queren levar ós nenos teñen que pedir un permiso.
Calquera información sobre as actividades organizadas pola APA XANELA haberá que pedirlla directamente a eles. Nós encargámonos de xestionar o listado de nenos que precisen un seguro de accidentes e o cobro do mesmo ó primeiro de curso.