08/02/2010
FESTA DO ENTROIDO
O vindeiro venes 12 de febreiro terá lugar a FESTA DO ANTROIDO desde
as 18:00h ata as 20:30h aproximadamente..
Estamos intentando traer UN GRUPO MUSICAL para animar a festa. Vos pedimos que como cousa excepcional traigades algún doce típico ( ORELLAS, ROSQUILLAS, FILLOAS ...) un pouco cada familia é suficiente. A APA leva as bebidas.
Necesitamos tamén que algún/a voluntaria/o axude o xoves pola tarde para adornar o patio cuberto.
NON ESQUEZADES O DISFRAZ (chega cunhas gafas de risa, unha peluca...) AGARDÁMOSVOS
08/02/2010
XUNTANZA polas MELLORAS PAVILLÓN
Hai unha promesa por parte da consellería de que as obras de mellora faránse no verán do 2011. Este ano teñen outras prioridades, e pola envergadura da obra non se ve viable facer a retirada e colocación da nova cuberta durante o periodo lectivo.
Entregamos 175 cartas asinadas por nais e pais, pero como aínda están traendo máis, pensamos que se poden seguir recollendo e facer outra entrega no rexistro da Consellería.
CARTA
03/02/2010
AVISO IMPORTANTE - ASAMBLEA EXTRAORDINARIA
O vindeiro luns 8 de febreiro ás 16:30 horas terá lugar unha asamblea no comedor para que a Directiva desta APA presente a súa DIMISIÓN e para elixir unha nova APA.
Lembrade que de non presentarse ninguén a partires do martes 9 non haberá APA na escola.
26/01/2010
XUNTANZA polas MELLORAS PAVILLÓN
Este vindeiro xoves 28 temos a xuntanza co delegado de Educación e Ordenación Universitaria para reclamar reformas no pavillón do colexio.
Os pais que aínda non asinastes a carta de reclamación, tedes ata mañá para deixala no buzón da ANPA.
CARTA
25/11/2009
RECOLLIDA CHÁNDALS
Xa podedes pasar a recoller os chándals os martes de 17:00 a 18:00 horas no comedor.
06/11/2009
SUBVENCIÓN COMEDOR
Xa temos ingresada a subvención correspondente aos meses de setembro a novembro de 2008. Cumprimenta este documento cos teus datos para poder facerte o ingreso que corresponda.
24/10/2009
1ª ASEMBLEA XERAL CURSO 2009-10
O vindeiro luns 26 de outubro terá lugar a 1ª asemblea xeral do curso. Será en 1ª convocatoria ás 16:30h e en 2ª convocatoria ás 17:00h na biblioteca do colexio.
A orde do día será:
- estado das contas
- nº socios do curso
- comedor: situación
- madrugadores: situación
- actividades
- novas propostas: uniforme, excursións, festas...
- rogos e preguntas
24/10/2009
JUDO
Para todos os que teñades nenos/as en judo (LUDITARDE) e os martes e xoves vaian ao MARIA PITA, se estades interesados en que vos leven e traian os nenos/as dun centro a outro, hai unha persoa que xa o está a facer.Se queredes o seu contacto pasade pola AMPA.
09/10/2009
CARNÉ SOCIO ANPA
Este ano queremos que todos os socios teñades un carné identificativo para facilitar as xestións coa ANPA (descontos ou gratuidade das diversas festas, chándal, etc.).
Para isto necesitamos que nos deixedes no buzón da ANPA, antes do 20 de outubro, os seguintes datos:
- nome do neno/a
- curso escolar
- teléfono
- correo electrónico
- enderezo
- actividades nas que participa
- foto carné
06/10/2009
COMEZA o CURSO de NATACIÓN (3º e 4º Primaria)
Os nenos serán recollidos ás 16:20h na porta da escola
por Ronda de Camilio J. Cela e voltarán arredor das 17:50h.
06/10/2009
CHANDAL
Para facer un novo pedido de chandals e camisetas de manga larga/curta,
estaremos os días 13 e 14 de outubro de 17:00a
18:00h na AMPA. Por vafor traede os cartos xustos por se non temos para
as voltas:
PREZOS SOCIOS:
Chandal completo 16,25€
Sudadera azul marino 6,00€
Camiseta branca m/l 4,10€
Camiseta branca m/c 3,50€
PREZOS NON SOCIOS:
Chandal completo 18,00€
Sudadera azul marino 8,00€
Camiseta branca m/l 5,00€
Camiseta branca m/c 4,00€
Temos camisetas para mirar as tallas.
26/09/2009
ACTIVIDADES
Temos dúas novas propostas para este curso (para nenos e nenas de 8
a 12 anos): baloncesto e canto. Precisamos saber se
hai alumnado dabondo para poder levalas a cabo.
Baloncesto: actividade impartida polo BASKET CORUÑA no Pavillón do IES Otero Pedraio.
Canto: proposta dun profesor de música e canto utilizando o formato de grupo de música POP. A Actividade farase conxuntamente co CEIP María Pita, os VENRES DE 16:00 a 18:00h.
Se estades interesados deixade a pre-inscrición no buzón da APA antes do 1 de outubro.
En outubro empezan as actividades de: ritmo, rítmica, pre-patinaxe, patinaxe, fútbol, aeróbic e xogos no CEIP MARÍA PITA
17/09/2009
CURSO de NATACIÓN (3º y 4º Primaria)
Consiste en una clase de 45 min. todos los martes de octubre a mayo
en la Piscina Municipal de San Diego (excepto festivos).
Los alumnos son recogidos en la escuela a las 16:30h y regresan a las
18:00h. Hay 20 plazas.
La cuota de la actividad es de 53,47€ anuales que debereis abonar
en el momento de la inscripción (por favor, traed el importe justo).
La fecha para inscribirse POR RIGUROSO ORDEN DE LLEGADA será el próximo
martes 22 de septiembre en la APA de 17:00h a 18:00h.
16/09/2009
SERVIZO COMEDOR
Para este CURSO 2009 - 2010 xa non quedan prazas. Farase unha LISTA
DE ESPERA que se irá cubrindo a medida que se produzan
baixas.
Para anotarse, contactade coa APA no correo electrónico
aparasa@gmail.com
ou ben no teléfono 615512306.
Tamén podedes contactar con MARTA, a COORDINADORA DE COMEDOR
.
Para o SERVIZO DE MADRUGADORES non hai límite de
prazas polo de agora.
15/12/2009
BALONCESTO: CAMPAMENTO NADAL
Ofertanse 50 prazas para un campamento de baloncesto que terá lugar no noso centro os días 28, 29 e 30 de decembro. Para nenos/as de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria en horario de 10:00 a 13:30h.
O prezo é de 15,00€ por neno/a, 5,00€ para os socios da AMPA.
O prazo de inscripción e só o mércores 16 e xóves 17 ata as 18:00 horas. Teredes que deixar a vosa solicitude xunto cos cartos no buzón do APA.
No caso de haber máis solicitudes que prazas farase un sorteo e chamaremos aos que non poidan acudir, nese caso devoleranse os cartos da inscripción.
Inscripción