castellano

servizo de orientación de lectura

Ademais do Plan Lector desenvolvido na escola, recomendámosvos este portal: "Servicio de Orientación de Lectura (S.O.L.)".

É un recomendador de lecturas (non un buscador de libros), un lugar onde se acompaña e guía ó visitante (neno ou adulto), segundo as súas preguntas e intereses.

O acceso ós contidos pode realizarse por itinerarios adaptados ós distintos treitos de idade: para lectores menores de 5 anos acompañados; para os de 6 a 8, 9 a 11, 12 a 14, 15 a 18 anos; e para adultos, familias, profesionais e lectores. Todos eles dispoñen dun escaparate, cunha selección da oferta editorial, onde o usuario poderá consultar novidades recomendadas, os máis e os menos lidos, os preferidos por un autor ou personaxe famoso, os recomendados polos lectores... Tamén se poden coñecer datos curiosos ou anecdóticos.

Para cada libro creouse un espazo de información e exploración: un resumo motivador, unha "cuarta de coberta" que o usuario atopará sempre redactado en dous niveis: nenos ou mozos e adultos. De moitos dos libros poderá ler un anaco, ver algunha ilustración, saber se é novidade, se está recomendado por algún personaxe coñecido, se existen comentarios e críticas doutros lectores ... Do mesmo xeito, nenos e adultos poderán suxerir esta lectura a un amigo ou ós alumnos da súa clase e incorporar o seu comentario persoal.

O usuario do S.O.L poderá tamén ir creando a súa biblioteca, ordenada por autores, títulos e editoriais e anotar as súas observacións sobre a lectura. E tamén terá oportunidade de colocar nese ficheiro o libro que máis arrepío lle deu, o máis emocionante, o máis misterioso...

enlace S.O.L