Trátase dun conxunto de actividades lúdicas que se artellan en torno a temas coma a educación para a saúde, a educación vial, o ambiente… A raíz deses contidos vanse desenvolvendo todas as actividades: dinamización teatral, animación á lectura, música, actividades motrices, prácticas deportivas, informática...

Bloques temáticos do curso 2011-12 por trimestres:

"AS NOSAS RAICES": Para descubrir as tradicións, lendas, folclore, arquitectura popular e costumes da Galicia rural da man de Álvaro Cunqueiro no ano que conmemora o centenario do seu nacemento.

"A CORUÑA 100 AÑOS ATRÁS": Trátase de investigar sobre a organización e a vida da nosa cidade a partir da anexión do concello de Oza en 1912.

"A MAR: ¿un recurso inesgotable?": Para descubrir a mar coma fonte de vida, riqueza, historias e lendas e crear propostas para sua conservación.

A inscrición para comezar o 15 de setembro farase o 13 de setembro na sede da APA, de 16:15 a 17:45 h.

A inscrición para comezar o 3 de outubro farase o 20 e 27 de setembro na sede da APA de 16:15 a 17:45 h

As modificacións e baixas tramitaranse directamente coa responsable do programa (María) antes do día 22 do mes anterior ó mes da baixa. De non ser así, cobrarase a mensualidade.

prezos

individual .......... 32,00€

2 fillos ............... 51,20€

3 fillos ............... 67,20€

4 fillos ou máis ...76,80€

Os meses de setembro e xuño as cotas redúcense á metade.

Vos comunicamos que houbo un cambio no programa luditarde : agora a responsable para o colexio é MARÍA.

RAMONVISIÓN

E tamén presentamos o novo medio de información: a canle de vídeos RAMONVISIÓN, onde poderedes ver as actividades a facer e a interacción dos nenos cos monitores.

NOTA: estes arquivos son grabados polos monitores de luditarde con autorización previa. Se algún pai quere facer calquera cambio ó respecto, póñase directamente en contacto con eles.